Sede electrónica Concello de Dumbría

15:07:34 Venres 29 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición para as accións de Formación Dual_Cociña de PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural_POEFE_FSE

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de Operacións Básicas de Cociña dos itinerarios experimentais de formación dual do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.

Este Itinerario facilita a profesionalización na área HOSTELERÍA, no subsector de Restauración, e como consecuencia o acceso a postos de traballo ou ao autoemprego mediante a cualificación, recualificación ou actualización de competencias profesionais como o desenvolvemento de procesos de aprovisionamento, preelaboración, elaboración e distribución de elaboracións culinarias, necesarias e requiridas polo mercado laboral. Tamén facilita o acceso a outros sectores produtivos no que se desenvolven ese tipo de procesos: educativo, sanitario, transporte e servicios sociais entre outros.

A participación neste itinerario, complementado con outros módulos formativos obrigatorios facilita o acceso directo ao certificado de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego Operacións Básicas de Cociña (HOTR0108). Tal e como se regula no Real Decreto 1224/2009, de 17 de xullo de 2009, modificado polo Real Decreto 143/2021 de 9 de marzo, sempre e cando as persoas participantes cumpran tanto os requisitos de acceso como os de participación.

Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (descargar modelo).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil.
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa sempre que cumpran con todos e cada un dos requisitos establecido:

  • Carecer, á data de incorporación a acción formativa, de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o que estableza a lei de Orzamentos Xerais do Estado.
  • Completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.

Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

  • Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar poden entregar a documentación esixida nos prazos establecidos en calquera das 3 vías habilitadas:
    • Tramitación online na sede electrónica do concello no que estean empadroadas, no acceso habilitado como PEL_Emprego Sustentable.
    • Descarga do formulario dende a sede electrónica e achega, xunto coa documentación requirida, no rexistro do concello no que estean empadroadas.
    • Dirixirse ao persoal técnico dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación do concello onde estean empadroadas.
  • Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico do concello dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se cumpre ou non requisitos de acceso e a documentación presentada está completa e é correcta.
  • Entrevista Persoal: De entre todas as solicitudes admitidas, realizarase primeiro unha valoración obxectiva conforme ao baremo establecido (Avaliación da situación de vulnerabilidade social, segundo o previsto no proxecto PEL Emprego Sustentable no ámbito rural) outorgando 1 punto por cada unha das circunstancias de vulnerabilidade que reúna a persoa solicitante segundo os establecidos e realizarase unha entrevista na que se valorarán aspectos tales como a motivación, a seguridade no compromiso, a non existencia de accións persoais programadas que impidan a asistencia continuada (eventos familiares, cirurxías, viaxes, etc.) adecuación do itinerario á acción formativa solicitada e á súa traxectoria formativa ou laboral, ao seu obxectivo profesional e á existencia dun proxecto de diversificación profesional coherente no seu caso outorgando 0,25 por cada unha das evidencias na entrevista individual.

Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.

O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.

O centro onde se desenvolve esta acción en xornada de mañan cún máximo de 5 horas diarias (agás a fase de prácticas en empresa) é o seguinte:

ACCIÓN

ED NÚM

CENTRO

CONCELLO

HORAS

HORARIO

INICIO PREVISTO

Operacións básicas de cociña

1

Centro de Formación ocupacional

 

BOIRO

Poligono Industrial de Espiñeira, Parcela 20, Nº S/N, Boiro (A Coruña)

582

De mañá

 

09:00

a

14:00 h

09.01.2023

 

Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15)

Operacións básicas de cociña

2

Centro de Formación ocupacional

 

BOIRO

Poligono Industrial de Espiñeira, Parcela 20, Nº S/N, Boiro (A Coruña)

582

De tarde

 

15:00

a

20:00 h

30.01.2023

 

Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15

Operacións básicas de cociña

3

CENTRO EN FASE DE CONFIRMACIÓN

582

De mañá

 

09:00

a

14:00 h

Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15

Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
                                    Presencial.

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados

https://emprego.dacoruna.gal

https://www.mptfp.gob.es/portal/politica-territorial/local/coop_econom_local_estado_fondos_europeos/fondos_europeos/2014-2020_FSE/fse_poefe.html