Sede electrónica Concello de Dumbría

12:17:07 Xoves 9 de decembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades deportivas

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes (individuais ou de equipos) de inscrición nas diferentes actividades deportivas xestionadas por cada corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades deportivas.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Tarxeta da Seguridade Social. Copia da tarxeta da Seguridade Social dos suxeitos que se van inscribir na actividade.
  • Fotografías. Fotografías recentes dos suxeitos a inscribir na actividade.
  • Acreditación da residencia/Certificado de empadroamento. Copia dos documentos acreditativos da residencia/empadroamento no municipio no cal se realiza a actividade deportiva.
  • Declaración da renda. Copia do xustificante da última declaración da renda ou documento acreditativo de non ter obrigación de presentala.
  • Recoñecemento médico. Certificado acreditativo de pasar recoñecemento médico recentemente, con indicación do estado físico óptimo para desempeñar as actividades deportivas nas que se solicita inscrición.
  • Seguro. Documento acreditativo de dispor dun seguro que cubra os riscos derivados da actividade física na que se solicita a inscrición.

Nome: Solicitude de inscrición en actividades deportivas.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldïa.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.